O pasado venres 24 de xullo un grupo de 15 persoas vistou as instalacións que EINSA PRINT ten en As Pontes. O responsable de PRL da empresa, David, guiou durante 3 horas aos asistentes polas distintas áreas dunha das maiores imprentas da península. Con máis de 300 traballadores e traballadoras, da súa planta saen folletos e revistas para todo o mundo. A experiencia foi moi ben valorada polo grupo, que estaba formado por persoas de As Pontes e doutros puntos de Galicia, como A Coruña.

As visitas guiadas do proxecto “As Pontes Experiencia Industrial” continúan esta semana coas visitas ás empresas Delicias Coruña (mércores 29) e Acebrón Group (venres 31). As persoas interesadas poden anotarse no email [email protected], chamando ao 608201251, en persoa no PIT do lago ou no Concello (IPPEC).