O mércores 29 de xullo a empresa de fabricación de produtos tradicionais galegos DELICIAS CORUÑA, abriu as portas das súas instalacións ao proxecto “As Pontes Experiencia Industrial”.

A visita, cunha duración cercana ás 3 horas e na que participaron 14 persoas, comezou cunha explicación previa sobre a historia e a situación actual da empresa (posición no mercado, nivel de facturación, produtos…). A continuación o xerente, José Antonio Penedo, amosou aos asistentes as modernas instalacións, que destacan pola súa versatilidade e capacidade para a fabricación de produto cru, cocido, conxelado, refrixerado… Por último, realizouse unha cata de produtos, entre os que se atopaban empanadas de zamburiñas e bacallau con pasas, empanadillas ou tartas de Santiago, de queixo, mazá, etc. A valoración xeral da experiencia foi moi positiva, e os asistentes quedaron abraiados coa excelente calidade dos produtos.

As persoas interesadas en participar nestas visitas guiadas ás principais empresas asentadas nas Pontes poden anotarse en [email protected], enchendo o formulario de contacto en www.experienciaindustrial.com ou chamando ao 608301251. As próximas visitas serán o venres 31 a ACEBRÓN GROUP (non quedan prazas) e o mércores 5 de agosto ás instalación de POMESA (aínda quedan prazas libres).