As Pontes, 12 de xullo de 2019. As Pontes encherase esta fin de semana de sons cubanos da man da Trova Coruñesa e o Son de Camagüey, dúas bandas referentes da música cubana en Galicia.

O concerto terá lugar, o domingo, a partir das 21:00 horas, na Praza de América, ao carón do Colexio Santa María, centro que foi levantado grazas ás aportacións dos emigrantes ponteses en América Latina.

Esta actuación, que forma parte da programación cultural, deseñada pola Concellería de Cultura con motivo das Festas do Carme e a Fraga 2019,  ten como obxectivo esencial ofrecer alternativas musicais e achegar á veciñanza a outro tipos de sons.

Desde o Concello de As Pontes animan a veciños e veciñas, de todas as idades a gozar da maxia da música cubana e dun amplo repertorio musical no que non faltarán os boleros, as guarachás, a salsa, os chachachás ou as habaneiras, temas de sempre como Piel Canela ou Frenesí e outras composicións máis novidosas.