As Pontes destina máis de 800 mil euros ó servizo de axuda a domicilio

131

As Pontes, 5 xuño de 2018.  O concello de As Pontes destinou, durante o ano 2017,  860.000 euros ó servizo de axuda a domicilio Este orzamento, que supuxo un incremento dun 20% con respecto o ano 2016, permitiu dar asistencia a preto de 200 veciños en situación de dependencia.

O servizo de axuda a domicilio do Concello de As Pontes ten como obxectivo favorecer a autonomía das persoas dependentes nos seus fogares, promovendo a calidade de vida dos ponteses que requiren de axuda, tanto no eido persoal como de atención no domicilio ou de acompañamento fóra do fogar.

A Concellería de Benestar Social, Isabel Fornos remarca que “con este servizo municipal podemos atender a veciños que precisan de apoio para desenvolver actividades básicas da vida cotiá, dándolles maior autonomía, procurando a súa continuidade no entorno familiar e complementado a labor que, en moitos casos, realizan xa as súas familias. Desde o goberno local queremos previr situacións de deterioro, tanto persoal como social, entre os nosos veciños, apostando polo seu benestar e atención integral.

Este programa conta cun total de 80 auxiliares que permite realizar máis de 6.200 horas mensuais de axuda a domicilio, ó que se traduce en máis de 74.400 horas de atención ó ano. Entre as principias tarefas realizadas polo persoal deste programa destacan a asistencia no aseo persoal, a hixiene postural, a limpeza do fogar, a compra de alimentos así como a asistencia fóra do fogar para realizar trámites administrativos ou sanitarios.

Os beneficiarios deste servizo son, maioritariamente, persoas maiores de 65 anos, con algún tipo de dependencia que chegan a través da Xunta de Galicia ou, directamente, a través do programa de libre concorrencia do departamento de Benestar Social do Concello de As Pontes o que “posibilita atender a un maior número de persoas dependentes así como a persoas que de xeito transitorio e temporal se atopan en situacións de recuperación ou convalecencia médica, atallando e dando resposta a casos urxentes sen demora” remarca a Isabel Fornos.