As pontes se promociona nas rúas máis transitadas da cidade herculina.

Baixo o lema “As Pontes, y tú” e “As Pontes, descubre lo inesperado”, a concelleria de turismo do Concello de As Pontes, pon en marcha unha nova campaña de promoción do municipio, focalizada na cidade de A Coruña.

Sete inmensas fotografías  do lago de As Pontes, formaran parte da paisaxe coruñesa durante o periodo estival, en varios dos puntos máis transitados e concorridos da cidade, acompañadas de diversos slogans  que invitan a visitar o municipio.

Ana Pena, concelleira de turismo, confirma que a campaña promocional será extensible ata o próximo 16 de agosto e contará con duas fotografías do lago, acompañadas de sendos slogans, que se repartirán polas vallas publicitarias de sete dos puntos máis transitados da cidade, coa intención de despertar o interese dos veciños e visitantes que se acheguen a cidade de A Coruña durante as suas vacacións.

Estamos seguros de que as fotografias, fiel reflexo da realidade  do noso lago, despertarán a curiosidades de todos aqueles que oíndo falar do lago artificial mais grande de España, seguramente non o imaxinan así. Un lago, que sendo un reclamo turístico importante, e complemento dos moitos encantos da nosa vila, na que calquera visitante disfrutará dunha estancia moi agradable.

Dende o consistorio destacan tamén a ventaxa que supón a cercanía e bos accesos entre o municipio e a cidade, motivo polo cal se recomendou esta ubicación para a campaña.

A coruña e unha cidade con abundante  población, pero que ademais acolle a moitos turistas durante o período estival, e a cercanía e bos accesos co noso municipio facilitan que calquera poida a chegarse rapidamente ata As Pontes, de onde tamén marcharán encantados“.