As Pontes celebra o 40º aniversario da Constitución

49

As Pontes, 4 de decembro de 2018. O Concello de As Pontes conmemorará mañá mércores, 5 de decembro, o cuadraxésimo aniversario da Constitución Española cun acto público de lectura da carta magna no salón de plenos municipal.

Desde o Concello invítase a toda a veciñanza a sumarse a este acto que dará comezo ás 11:30 horas e no que se lerán algúns artigos da Constitución Española.