O próximo venres día 16 de Outubro a partir das 21h. podrás disfrutar dunha magnífica obra de teatro no Auditorio Alovi titulada “As do Peixe” escenificada por Abrapalabra Creacións Escénicas.

“As do Peixe” trátase dun espectáculo gañador de tres premios Maria Casares: Mellor Texto. Mellor Dirección e Mellor Actriz Protagonista.  É unha viaxe a través da memoria, unha crónica das mulleres traballadoras da conserva, baseada en testemuñas reais da vida nas fábricas a partir dos anos setenta e contada desde o momento actual.

As entradas estarán á venda nas taquillas do Alovi o xoves e venres de 12h a 13:30h e o venres tamén dende as 19:30h  a un prezo de 3,50€.
Autor: Cándido Pazó. Director: Cristina Domínguez. Elenco: Susana Dans, Mónica Caamaño, Casida Alfaro y Rocío González. Teatro/Comedia. Público: Xuvenil/Adulto. Duración: 85 min.