As Pontes, 5 de abril| O Concello de As Pontes aprobaba esta mañá, en xunta de goberno ordinaria unha serie de adxudicacións de obras que superan os 365.000 euros, o que sumado á licitación da depuradora para Penapurreira nos leva a unha cifra final de 718.780 euros.

Canto a este expedente de contratación, que está destinado á depuración de augas do sector I de Penapurreira, acometerase con fondos procedentes do PAI da Deputación

O montante da licitación é de 352.775´50 €, e a Tenente de alcalde, Montserrat García salientaba “ A importancia deste servizo, do que queremos dotar ás empresa do sector primeiro do polígono, para as que se fai imprescindible poder tratar as augas”.

Tamén se adxudicou a subministración e instalación dun novo sistema de proxección para o auditorio da Casa Dopeso. Este equipo de DCP subministrarao a empresa Sercine por 31.845 euros mailo IVE correspondente.

Tamén valoraba moi positivamente esta adquisicón montserrat García. “Con esta nova dotación, o auditorio da Casa Dopeso, quedará habilitado para proxeccións de cine. Deste xeito contaremos con dúas alternativas para esta oferta, que tan só podía desenvolverse nun Auditorio Cine Alovi que ten unha alta demanda de utilización”.

A xunta de goberno local deu tamén luz verde a varios contratos de obra. Recorrendo á dotación do PAS 2.015.

É o caso das estradas na Avda de Vilalba, Rúa Xermade, e A Cuveliña, nas que o aglomerado vai supor 30.094 € e o correspondente IVE, e que se adxudicou a Francisco Gómez e Cía.

A mesma empresa acometerá tamén a dotación de novo aglomerado en zonas do rural, como O Vilar, Os Regalados, A Graña, Os Currás, Pereira, Castiñeiro, Paipaz, Marraxón, A Rega, Recemonde, O Caneiro, e A Dá. Tamén se sumará o IVE á contía de 95.844 euros da adxudicación.

Tamén no rural está o paquete de estradas que aglomerará cun novo asfaltado a adxudicataria Excavacións Saavedra e López, por 36.500 euros, IVE a parte. Será no Bidueiral e de Palmeiro a Porto do liño.

A prioridade do goberno local é, en verbas da Tenente de Alcalde, “ Acometer aqueles obras de mantemento e mellora na rede viaria municipal, que consensuamos previamente cos veciños, para atender ás súas prioridades. Sempre en aras de mellorar a calidade de vida no rural, neste caso mellorando as comunicacións”.

E, por último queda o contrato da obra de acondicionamento e mellora na Rúa Alexandre Bóveda, na súa segunda fase.que realiza xa Fonsán S.L, ós que se lles adxudicaba en 108.118´01 euros e IVE.

Facía fincapé Montserat García na urxencia desta obra, que “Xunto coas xa iniciadas na Rosalía de Castro, van ter absoluta prioridade, para tentar crear as menores molestias posibles en pleno centro neurálxico da vila. E máis tendo en conta que chegan as datas de moita actividade no centro no verán, sobre todo coa proximidade das festas patronais”.

Esta actuación está confinanciada por medio dun convenio asinado o verán pasado co Deputación de A Coruña.