Home Destacadas APERTURA DO PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

APERTURA DO PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

0
APERTURA DO PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

As Pontes, 24 xuño de 2019. O Concello de As Pontes, un ano máis, co obxectivo de facilitar información axeitada ás persoas que visitan o municipio durante a época estival e mellorar a difusión dos servizos turísticos ponteses, abriu hoxe o punto de información turística situado no lago.

Durante os meses de verán, dúas técnicas municipais de turismo ofrecerán, diariamente, un servizo de atención e información a visitantes, dirixido a asesorar, informar e darlle visibilidade ó municipio, ós seus espazos naturais e á zona do lago.

O servizo estará aberto, de luns a domingo, de 11:30 a 14:00 horas, en horario de mañá, e de 16:00 a 20:00 horas, na quenda da tarde.

Máis información: 673 240 444 / 673 100 126 ou no enderezo [email protected]

X