As Pontes, 29 de outubro de 2018. O Concello de As Pontes abre o prazo para presentar as solicitudes para o Banco de Alimentos para novembro de 2018. As persoas beneficiarias deben presentar as solicitudes no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso), do 31 de outubro ó 9 de novembro, de 8:30 a 14:00 horas.

Para acceder a esta axuda é preciso achegar :

  • Fotocopia da Declaración da Renda ou Certificado Negativo emitido por Facenda do último ano.
  • Xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións …
  • No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia.
  • Movementos bancarios de todas as contas da unidade familiar dos últimos 6 meses.
  • Último recibo de alugueiro ou hipoteca.
  • Se é o caso, fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.