A ría de Vigo, baixo a organización do Real Club Náutico de Vigo, acolleu a disputa da Copa de España 2019 dentro dos eventos da Semana do Atlántico-Cidade de Vigo na que participaron 3 tripulacións do Club de Vela Fluvial As Pontes: Nano de Andrés/Miguel Ferreiro en categoría absoluta, Javier Martínez/Mariano Torres e Ana Torres/Carla Pérez en categoría xuvenil.
Francesco Zampacavallo e Carlos Francés, do Real Club Náutico de Valencia, fixéronse co título tras unhas disputadísimas mangas que mantiveron a emoción en todo momento.

A xornada do vernes foi complicada, o vento non entablaba no campo de regatas e había bastante corriente da marea o que provocou que fose necesario dar ata cinco salidas para que unha delas fose boa. Esa única manga que se puido dar foi moi táctica e totalmente dominada por Zampacavallo e Francés. Tras esta manga o vento caeu definitivamente e non foi posible disputar máis mangas pechándose definitivamente a competición por ese día. Sorte dispar para as tripulacións pontesas nesta primeira xornada, con Javier Martínez/Mariano Torres nun más que meritorio 9º posto da xeral e 4º xuvenil, sendo Ana Torres/Carla Pérez 14ª da xeral e 5ª femeninas, mentres que Nano de Andrés/Miguel Ferreiro foron descalificados por facer saída nula.
A xornada do sábado arrancaba coa decisión do Comité de Regatas de desplazar o campo de regatas frente a Cangas coa finalidade de atopar máis vento, e así foi. Rasca forte de vento, con olas de ata dous metros que sacudiron á flota durante as tres mangas disputadas e poñendo a proba a todas as tripulacións. Xornada de moita emoción onde se puideron ver planeadas increíbles e moitas volcadas.
Ó final do día Zampacavallo e Francés co seu Zas Sailing foron quen de manter o seu primeiro posto, evidenciando que está moi fortes con todos os ventos, seguidos dos vigueses Tone Pérez/Ana Santirso co seu SR360, que eran segundos, e dos seus compañeiros do RCN de Vigo Pablo Cabello/David Fernández, terceiros. Por parte da flota pontesa os xuvenís Martínez/Torres perdían dous postos na xeral pasando ó 11º posto pero mantiñan o 5º posto da clasificación xuvenil. As féminas Torres/Pérez fixéronse fortes con esas condicións adversas para a navegación ascendendo ó 12º posto da xeral e ó 3º da clasificación feminina. De Andrés e Ferreiro tiveron que abandoar ó finalizar a segunda manga por unha volcada na que saleu lesionado De Andrés nunha impedíndolle continuar na competición. Deste modo cairon ó 15º posto.
A derradeira e definitiva xornada do domingo prevíase apaixoante xa que entre os tres barcos de cabeza todo podía pasar, nembargantes o día abreu cheo de nubes e o vento no entablou. Tocaba agardar en terra coa esperanza de que saltase o vento, pero o tempo límite para dar saídas impúxose e xornada pechouse en branco. Deste xeito mantivéronse os resultados da xornada anterior, proclamándose campeón absoluto da Copa de España o Zas Sailing dos valencianos Fracesco Zampacavallo e Carlos Francés. O segundo posto foi para o SR360 dos vigueses Tone Pérez e Ana Santirso, ocupando o terceiro caixón os tamén olívicos Pablo Cabello e David Fernández.

Na categoría xuvenil, con pleno galego, o Señor de la Noche de Alberto Viejo e Jorge Cigarrán foi primeiro por diante de Paula da Rocha e Ricardo Fernández que eran segundos, e con as irmás Paula e Paloma González completando o podium. Polos ponteses o Huso 29 Renovables de Javier Martínez e Mariano Torres finalizou nun extraordinario 5º posto.Paula y Paloma González volvían a subir ó podium na categoría feminina, sendo  primeiras con seu Ence, seguidas de Xiana Piñeiro e Sofia Martínez_Almeida e das pontesas Ana Torres e Carla Pérez co seu Concello de As Pontes-Novalux, que daban a campanada por diante de tripulacións máis experimentadas acadando un máis que meritorio terceiro posto.