As Pontes, 29 de novembro| Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, o vindeiro 10 de decembro, no Lar de Endesa, outra vez co-organizada co Concello das Pontes, coa colaboración do Concello de As Pontes, Grupo de Empresa de ENDESA, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Para asistir á amigus-party retro-2016 debes vir equipado cos teus ordenador/es ou consolas e todo o necesario para poder conectalos a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teus equipos e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).

– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.

– Regreta de enchufes.

– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.

– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.

– Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party, e que instales un antivirus.

Os horarios da amigus-party retro-2016 son os seguintes:

Abrimos o sábado ás 10:00 da mañá ata as 20:00 do mesmo sábado

AMIGUS LABS

No Amigus Labs da party, realizaremos un obradoiro de emuladores con Raspberry e Retropie. Aprenderemos a instalar un Retropie dende = nunha Raspberri Pi, e todo o material necesario para construir a nosa propia recreativa.

Se tes unha Raspberry Pi 2 ou 3, e unha memoria, poderás levar a tua consola funcionando e repleta de xogos. Además descubrirás os proxectos que os membros das Amigus Labs habemos desenvolvido durante este ano.

Ademais teremos unha zona con impresoras 3d dispoñibles para imprimir calquera peza que sexa necesaria.

Amigus Labs e un taller e laboratorio de investigación con maquinarias que están á vangarda tecnolóxica. O obxectivo principal deste innovador espazo é cubrir a brecha que existe actualmente entre os procesos de fabricación (tradicional e dixital), o espírito empresarial, o desenvolvemento profesional, a investigación e a formación, todo baixo a filosofía IED, A Fábrica do que non existe. Desde o ano 2010 a Asociación Informática Amigus esta desenvolvendo estes talleres de participación libre e gratuíta. Actualmente a Amigus Labs forma parte da rede mundial de FabLabs.

ARCADE E CONSOLAS

Esta Zona Retro habilitarase na bolera do Lar o día 10 de decembro de 10:00 a 20:00 horas.

Terá dúas zonas. A primeira será unha exposición de antigos ordenadores, consolas e compoñentes, na que cada un poderá contribuír cos equipos que considere interesantes.

Por outro lado, haberá un mercado onde calquera dos participantes da party poderá vender compoñentes, monitores, ordenadores, consolas, etc., da súa propiedade ao precio que estime oportuno, sempre que funcionen perfectamente.

Cada expositor ou vendedor deberá indicar o seu nome completo e DNI, así como o número de serie e nome dos compoñentes que vai expoñer ou poñer á venda.

Cada persoa será responsable de vixiar en todo momento o seu material mentres permaneza aberta. A pecharemos durante a comida.

A persoa interesada en mercar algún compoñente fará as xestións directamente co vendedor da peza, quen, unha vez vendida, terá que informar ao responsábel do mercado para que poida eliminar o produto da listaxe. 

ORDENADORES

Durante a Party podrás ver en funcionamento software, sistemas operativos ou xogos de máis dunha veintena de anos, se queres recordar como eran, o descubrir o que te perdiches.

Realizaremos campionatos abertos dos mellores xogos de Nintendo, Sega ou das recreativas.

Inscricións

O prazo de inscrición remata o 8 de decembro ás 12.00 horas.

Inscricións e máis información na web amigus