Adxudicado á empresa Plastic Omnium Sistemas Urbanos S.A por un importe de 27.258,55 euros o suministro de colectores e elementos de suxeición e a súa instalación nos parques empresariais de Airíos e Penapurreira.

Esta actuación entra dentro do plan de mellora dos polígonos industriais que puxo en marcha o Concello no pasado exercicio coa nova señalítica. E que continuará ao longo deste exercicio con novas actuacións que afectarán á mellora da electrificación así como, o pintado e mellora dos viais.