Acto de clausura do curso de lingua de signos

26

As Pontes, 15 de xuño| Hoxe clausúrase o curso de lingua de signos que puxo en marcha o Concello de As Pontes, coa colaboura da Asociación de persoas xordas de Ferrol.

Foron algo máis de dous meses dunha clase semanal para aprender a comunicarse na linguaxe de signos baixo a organización dun Concello de As Pontes que volvía así amosar a súa sensibilidade cos colectivos sociais

“Estamos, sobre todo encantados da excepcional acollida que tivo esta iniciativa, que nos desbordou na demanda, con máis 160 solicitudes. En vista da grande demanda plantexaremos novas edicións e evidentemente seguiremos a colaborar con esta asociación como xa o temos feito con outras actividades conxuntas con eles. Esta iniciativa vai acorde coa promoción que dende o goberno local vimos facendo regularmente con todas as entidades sociais de cara a fomentar a igualdade a inclusión de toda a cidadanía”

A clausura de mañá farase cun acto oficial ás sete e media no salón de plenos, e no seu desenvolvemento incluirase a entrega dos diplomas ás e aos participantes que completaron a formación.

A presidenta da Asociación ferrolá de persoas xordas, Teresa Gallo, e a Tenente de alcalde e Concelleira de Participación cidadá, Montserrat García, presidirán esta clausura.