As Pontes, 21 de febreiro| O día 2 en horario de tarde comezaremos un curso de “Folla de cálculo”. Pensando para persoas que partan desde cero no uso de este tipo de ferramentas.

Folla de cálculo

Horario

10 a 12:00

Periodicidade

Luns, martes e xoves

Duración

Do xoves 2 ó 16 de marzo

Contidos

1)Contorna gráfica

2)Introdución de datos.

3)Fórmulas

4)Ordenación e listados.

5)Gráficos sinxelos

Internet Avanzado

O xoves 2 de marzo comezará un curso de “Internet Avanzado”.

O obxectivo deste curso é ampliar os coñecementos sobre internet. Veremos blogs e comunidades online, tendas e portais. Tamén participaremos e rexistraremos en estes sitios web para ver as posibilidades de comunicación e información que nos ofrece a rede.

Esta actividade está dirixida a persoas maiores con coñecementos básicos no uso de ordenadores.

Internet Avanzado

Horario

10 a 12:00

Periodicidade

Luns, martes, xoves e venres

Duración

Do xoves 2 ó 10 de marzo

Contidos

6)Correo electrónico.

7)Blogs, foros e comunidades online.

8)Rexistro en páxinas e compra online.

9)Almacenamento de arquivos na nube

10)Utilidades para o noso navegador web.

Busca de emprego a través de internet

Para a segunda quincena do mes temos preparadas outras dúas actividades.

O mércores 15 de marzo comezará un curso de “Busca de emprego a través de internet”.

Neste curso usaremos o noso acceso a internet para dinamizar a nosa busca de emprego. Consultaremos portais de emprego, páxinas de información, tanto de emprego público como en empresa privada, redes sociais e

Esta actividade está dirixida a persoas maiores con coñecementos básicos no uso de ordenadores.

Busca de emprego por Internet

Horario

10:30 a 12:30

Periodicidade

Luns, martes, xoves e venres

Duración

Do xoves 15 ó 27 de marzo

Contidos

1.Orientación laboral

2.Portais de emprego

3.Emprego nas redes sociais

4.Emprego público. Busca de información

5.Elaboración dun Currículum Vitae. Modelos.

Elabora as túas presentacións

O 20 en quenda de tarde, empezará “Elabora as túas presentacións”. Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas que queiran aprender a realizar as súas propias presentacións de diapositivas.

Elabora as túas presentacións

Horario

17:00 a 18:30

Periodicidade

Luns, martes e xoves

Duración

Do luns 20 de marzo ó 3 de abril

Contidos:

I.LibreOffice Impress: contorna gráfica

II.Manexo de texto, imaxes e gráficos

III.Configuración da presentación: animacións e audio

IV.Gardar, exportar e imprimir presentacións

V.Transicións e efectos

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.