Actividades lúdicas en agosto no lago de As Pontes

280

As Pontes, 10 de agosto| O venres, día 11 de agosto, comezan as actividades de ocio dirixidas a nenos a partir de 1 ano nas inmediacións do lago de As Pontes que organiza a área de Turismo municipal. Trátase de actividades gratuítas de multiaventura de carácter lúdico que se realizarán tódalas tardes do mes de agosto, dende as 16:30 ata as 19:30 horas: Zona multiaventura dirixida a nenos/as de 6 a 12, zona de golf e cancha de volei, zona para nenos de 1-5 anos…todo baixo a vixilancia de monitores especializados.

Como novidade para esta tempada, levarase a cabo un obradoiro de iniciación ao graffiti para nenos e nenas con idades comprendidas entre entre os 12 e os 18 anos, onde disporán de todo o material necesario para iniciarse nesta modalidade de pintura libre.