Home Cultura Actividades de música tradicional para a fin de semana

Actividades de música tradicional para a fin de semana

0
Actividades de música tradicional para a fin de semana

Fin de semana adicado á música e ao baile tradicional.

Venres 13 FIN DE CURSO DAS ESCOLAS DE MUSICA E BAILE TRADICIONAL

Lugar : Auditorio Municipal Cine Alovi Hora: 19.30h entrada libre

Participan as escolas municipais de gaita, percusión, acordeón, pandeireta e baile tradicional, máis de 180 alumnos e alumnas.

Durante o curso estas escolas fomentan o coñecemento e apreciación da música e a danza, iniciando a nenos e maiores, na súa aprendizaxe ; e ofrecen un ensino instrumental, orientado tanto á práctica individual como á práctica de conxunto.

Este mes remata un novo curso e como cada ano alumnos e profesorado organizan un festival para amosar o aprendido no ano.

Sábado 14 CONCERTO BANDAS SONORAS E FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA E BANDA XUVENIL

Lugar : Auditorio Municipal Cine Alovi Hora: 20.o0h

Un concerto moi especial no que se mestura música e cine. Os participantes tocarán bandas sonoras de diferentes películas, proxectando de fondo videos da película que interpretan. Primeiro tocaralle o turno aos alumnos da Escola de Música, este ano participan uns 30 rapaces dende 4 a 17 anos. Despois será o turno da Banda Xuvenil.

Para que a experiencia sexa do máis real, o público poderá gozar de palomitas gratis

Sábado III SANTA PALLETA

Lugar: piscina do Lar (As Pontes).
18:00h: ruta marítima coa imaxe de Santa Palleta (saída da praza do Carme).
20:00h: Obradoiro de baile tradicional no Lar, impartida por Gamelas e Anduriñas (Ortigueira).
21:00h: inicio de Santa Palleta 2015
23:30h: procesión de Santa Palleta 2015.
00:00h: pregón a cargo de D. Alfonso Tellado.
Información e inscrición na foliada ou no obradoiro: [email protected]

 

X