Actividades de dinamización os sábados no Lar

238

As Pontes, 6 de marzo| A Concellería de Benestar Social do Concello de As Pontes pon en marcha unha serie de actividades de dinamización social para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.

O programa desenvolverase nas mañás dos sábados no Lar, dende o 10 de marzo ata o 2 de xuño (agás o 31 de marzo). A inscrición será semanal, os martes de 11:00h a 13:00h no segundo andar do Mercado Municipal, a partir do martes 6 de marzo. Cun máximo de 25 prazas.

Actividades: cine, menús saudables, deporte inclusivo, coñecenco instrumentos, globoflexia…