As Pontes, 2 de xaneiro| Aviso aos veciñ@s das Pontes:

ACLARACIÓN E INFORMACIÓN SOBRE OS NOVOS COLECTORES DE LIXO
O cambio de colectores prodúcese a raíz da entrada en vigor do novo contrato de Rsu e limpeza viaria que o Concello das Pontes adxudicou á empresa Ute.As Pontes. Este contrato supón un aforro de case 3 millóns de euros respecto ao vixente con anterioridade. O novo contrato ten unha vixencia de 12 anos, cun custo mensual de 43.633,53 euros ao mes, fronte aos 66.839,75 euros mes que se pagaban antes. Ademais, incorpóranse importantes melloras no servizo, entre as que se atopan maior número de colectores, incremento dos días de recollida, incremento dos días de limpeza viaria, instalación de illas de reciclaxe etc, e a modernización dos colectores e do servizo de recollida e limpeza viaria. Os novos colectores teñen máis capacidade e obviamente son máis voluminosos, a carga ao camión de recollida prodúcese de forma lateral dereita, polo que a localización dos mesmos debe facilitar a súa recollida polo brazo automático do camión. DEVANDITO ISTO A MODO DE ACLARACIÓN, EXPLICAR A TODOS OS VECIÑ@S DAS PONTES, QUE NESTES DÍAS ESTÁ A PROCEDERSE Á REPARTICIÓN DOS NOVOS COLECTORES PARA SUBSTITUÍLOS POLOS VELLOS, SEN QUE A SÚA LOCALIZACIÓN SEXA EN MOITOS CASOS A DEFINITIVA. Pedir paciencia a todos sempre que pola empresa adxudicataria non se termina de recolocalos todos e pedir desculpas polas molestias que poida ocasionar.