RTVEume| Este verán poderemos xa empregar o novo acceso rodado ó lago que está a rematarse xa.

Nestes días estanse a acometer as beirarrúas e tamén nesta semana se abordará o aglomerado. Logo farase un portalón para a entrada e xa, coa chegada do verán teremos esta nova vía de acceso directo á praia do lago.
O Concello de As Pontes está a acometer cos seus propios medios a construcción deste novo acceso para vehículos e peóns, enmarcado no seu plan de acondicionamento do entorno da praia de cara a mellorar accesos e servizos que se ofertan nesta nova zona recreativa de cara ó verán.
Logo de acadar os permisos da Xefatura Teritorial de Infraestruturas, comezábanse esas obras para o novo acceso, que agora están rematándose, e que parte da mesma rotonda da Casilla. Deste xeito gañarase en accesibilidade e seguridade, sobre todo para os vehículos grandes, logo de ter constatado a gran afluencia deste transporte que esta a xerar o novo espazo.
Coa apertura do novo acceso incluirase o aproveitamento da ponte que dá acceso ó final do traxecto,
Coa posta en servizo da nova entrada á praia, a actual prevese que se manteña só para uso peonil.