Ábrese o prazo para solicitar as subvencións dirixidas ás entidades deportivas

129

As Pontes, 29 de xuño de 2018.  O concello de As Pontes abre o prazo para solicitar as achegas dirixidas ás entidades deportivas, para o ano 2018. A través destas subvencións  o goberno local quere dar apoio as actividades levadas a cabo por estas entidades e contribuír á promoción e fomento da práctica deportiva no municipio.

Estas axudas están destinadas as entidades deportivas, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes, que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade.

O goberno local destinará 530.00 euros a estás achegas coas que se cubrirán os gastos derivados das actividades que desenvolvan as entidades deportivas locais así como da súa participación en diferentes competicións.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello https://sede.aspontes.com/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral, cumprimentada polo representante da entidade deportiva, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes comeza hoxe, 29 de xuño, e remata o domingo, 8 de xullo.

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP 119, con data 25 de xuño de 2018,   na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes http://concello.aspontes.org/

folla de inscrición

publicación BOP