As Pontes, 29 de xuño de 2018.  O luns, 2 de xullo, ábrese o prazo para solicitar a achega para as festas do Carme e a Fraga 2018. 

Esta axuda está destinada a subvencionar os gastos derivados das actuacións musicais, a iluminación ornamental das rúas,  a alfombra floral, as actividades deportivas organizadas pola Comisión de Festas así como as actividades festivas complementarias incluídas no programa de festas.

Esta subvención está dirixida a entidades privadas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e non incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción das axudas ou subvencións públicas.

Para acceder a esta achega é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello https://sede.aspontes.com/es/index.html, cumprimentada polo representante da entidade, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes comeza o luns 2 de xullo e remata o mércores, 11 de xullo.

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP 120, con data 26 de xuño de 2018, na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes https://vive.aspontes.org/

Bases BOP