As Pontes, 23 de setembro de 2019. O Concello das Pontes abre mañá o prazo para inscribirse en dúas novas actividades, de balde e dirixidas a adultos, promovidas pola concellería de Deporte.

As clases de spinning, pensadas para dous grupos de 15 persoas, comenzarán o vindeiro mércores, 2 de outubro, e permitirán aos participantes mellorar a súa saúde, a través de exercicios aeróbicos, adaptados ao seu nivel de preparación física, co obxectivo de potenciar o seu tono muscular, rendemento cardiovascular e promover a liberación de tensións e estrés.

As clases impartiranse no Polideportivo Municipal e os asistentes recibirán dúas clases á semana, o grupo da mañá, de 09:00 a 10:00 horas -luns- e de 10:00 a 11:00 horas -mércores- e o grupo de tarde, de 21:00 a 22:00 horas -luns- e de 20:00 a 21:00 horas -mércores-.

As clases de adestramento funcional tamén comezarán o vindeiro mércores, 2 de outubro, terán unha duración de 1 hora, dous días á semana, e nelas poderán participar ata un máximo de 15 alumn@s por grupo.

A través destas clases, os dous grupos de alumnos, poderán mellorar o seu rendemento muscular por medio de exercicios baseados na vida cotiá e na práctica deportiva, traballando todas as capacidades motrices tales como o equilibrio, a coordinación, a flexibilidade ou axilidade.

As clases impartiranse no Polideportivo Municipal, o grupo matutino terá clases, os luns de 10:00 a 11:00 horas e os mércores de 09:00 a 10:00 horas mentres que o grupo da tarde recibirá clases , os luns, de 20:00 a 21:00 horas e de 21:00 a 22:00 horas, os mércores.

As persoas interesadas nestas actividades poden solicitar máis información ou anotarse no Polideportivo Municipal ou chamando ao 981 45 26 02, en horario de mañá.