Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO

98

As Pontes, 4 de decembro|

TERMALISMO IMSERSO

Dende o Departamento de Servizos Sociais, infórmase que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no Programa de Termalismo Social do IMSERSO para o ano 2018.

Os prazos para a presentación das mesmas son os seguintes:

Para os turnos dos meses de febreiro ata agosto, ambos inclusive, ata o 4 de xaneiro de 2018. Despois desta data pode solicitar a inclusión nunha lista de espera para prazas vacantes ata o 10 de maio de 2018.

Para os turnos dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive, ata o 11 de maio de 2018, e na lista de espera para prazas vacantes ata o 31 de outubro de 2018.

Requisitos: Neste programa poden participar:

  • Todos os pensionistas do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e incapacidade permanente.
  • Os pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, que teñan cumpridos os 60 anos.
  • Os pensionistas polo concepto de viudedade que teñan mais de 55 anos.

Outros requisitos para participar no programa, son valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial, nin enfermidade infecto contaxiosa.

O solicitante pode ir acompañado polo seu cónxuxe, para o cal non se esixen os requisitos de pensión e idade.

Servizos que ofrece o programa:

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
  • Tratamentos termais básicos, que inclúen a prescrición do tratamento polo médico do balneario.
  • Realización de actividades de animación.
  • Póliza colectiva de seguro turístico.

 

Para formalizar as inscricións poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) en horario de mañá (8:30 a 14:00 h).