Aberto o prazo de anotación no curso oficial de piloto de drons

235

As Pontes, 7 de novembro| O Concello de As Pontes vai poñer en marcha unha nova iniciativa formativa, que vai consistir nun curso oficial de piloto de drons.

Esta formación reservada a persoas en situación de desemprego, limitarase a 15 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.

Onte abríase o prazo de anotación, que se manterá ata o venres na área de emprego nos baixos do edifício consistorial.

Facer este curso permite obter o certificado oficial de Aviación Civil que autoriza para a operación de drons complexos, mesmo aqueles capaces de voar fóra do acade visual do piloto.

Co curso oficial de piloto de dron profesional obtense o certificado oficial de AESA que permite actuar como operador remoto ó mando de RPAS (Remotely Piloted Aircraft Systems) de ata 25 Kg de peso, en vós con fins comerciais, profesionais, de ocio ou deportivos dentro do territorio estatal ou da Unión Europea.

Para poder acceder a este curso hai que estar empadroado en As Pontes, inscrito como demandante de emprego e contar con titulación de FPII, Ciclo superior, ou licenciatura ou diplomacía ou graduado en áreas técnicas, tales como arquitectura, urbanismo e deseño, enxeñería, agraria, instalación e mantemento, edificación e obra civil, electricidade e electrónica, imaxe e son, seguridade e medioambiente.