As Pontes, 11 de xullo| Banco de alimentos: Aberto o prazo para solicitar o banco de alimentos (Xullo 2017).

Prazo: do 12 ao 19 de xullo, de 8:30 a 14:00 h

No Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso)

Documentación a presentar:

  • Fotocopia da Declaración da Renda ou Certificado Negativo emitido por Facenda do último ano.
  • Xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións …
  • No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia
  • Movementos bancarios de todas as contas dos últimos 6 meses
  • Último recibo de alugueiro ou hipoteca
  • Se é o caso, fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.

Podes descargar na seguinte ligazón o impreso de solicitude: DESCARGAR