Aberto o prazo para inscribirse nas clases de jumping gratuítas

969

As Pontes, 11 de marzo 2019. O Concello de As Pontes abriu hoxe o prazo para inscribirse nunha nova actividade, gratuíta e dirixida a adultos, promovida pola concellería de Deporte e Xuventude.

As clases, de 45 minutos de duración, para un máximo de 10 alumnos, comezarán o vindeiro venres, 15 de marzo e permitirán aos participantes achegarse a un sistema de adestramento aeróbico, moi popular, baseado no traballo sobre unha cama elástica para lograr unha maior tonificación muscular, especialmente do tren inferior.

As clases impartiranse todos os venres, ata finais de xuño, no Polideportivo Municipal nos seguintes horarios: 09:15, 10:00, 10:45 e 11:30 horas.

As persoas interesadas nesta actividade poden anotarse, desde mañá e ata que se esgoten as 40 prazas dispoñibles, no Polideportivo Municipal, en horario de mañá.

Para inscribirse é preciso achegar o certificado de empadroamento no momento da inscrición. Asemade, as persoas que se anoten na actividade poderán inscribir a un segundo alumno sempre que se achegue o certificado de empadroamento correspondente.