As Pontes, 24 de abril de 2018. Xa está aberto o prazo de inscrición para a SEGUNDA EDICIÓN do obradoiro de acuarela organizado pola Concellería de Cultura do Concello de As Pontes.

O curso, que será impartido por Manuel Gandullo, está dirixido a maiores de 12 anos, con coñecementos previos sobre esta técnica pictórica. O obxectivo deste obradoiro é afondar e perfeccionar está técnica, achegarse o uso de diferentes recursos materiais para pintar acuarelas.

As clases desenvolveranse todos os sábados do mes de maio, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa Dopeso e o prezo será de 10 euros. As prazas son limitadas.

Os interesado en participar neste obradoiro poden solicitar más información no teléfono 981 44 03 44 ou no enderezo electrónico [email protected])

Manuel Gandullo

Manuel Gandullo Nievas, (Sevilla en 1952) vive en Galicia desde 1970. Foi socio fundador da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), na que desempeñou os cargos de secretario e presidente. Socio de honor e membro da Agrupación Española de Acuarelistas, do grupo Crisis e do grupo Cota 332.

Foi codirector do XII Simposio Nacional de Acuarela (Santiago de Compostela, 2004) e coordinou as tres edicións dos Encontros coa Pintura e a Poesía, organizados pola Deputación da Coruña no Pazo de Mariñán.

Nos últimos anos ten realizado exposicións individuais e colectivas en A Coruña, Cambre, Ourense, Pontevedra, Lugo, Sada, Cambados, Madrid, Londres, Granada, Sevilla e Tenerife, entre outras.