As Pontes, 23 de novembro| A unidade móbil de inspección técnica de vehículos estará nunhas semanas nas Pontes para cumprir coa súa cita, por estas datas, co Concello e cos seus veciños e, así, facilitar o trámite a aqueles veciños e veciñas que deban cumprir con mesmo.

Os días 27, 28 e 29 do mes que ven teremos coma sempre na rúa Xuan Antonio Suanzes este servizo dirixido a que aqueles vehículos lixeiros, menores de 3.500 quilos, pasen esta inspección para a súa correcta circulación.

Os horarios serán os habituais: os días 27 e 28 de 9 a 1.30 e de 3.15 a 6 da tarde e xa o día 29 de decembro en horario de 9 a 1.30 da tarde e, coma sempre, é posible solicitar cita previa con tan só telefonar ao

902 30 90 00 ou mediante a web www.sycitv.com.