As Pontes, 4 de xuño|A unidade móbil de transfusión de sangue volve a As Pontes, e de novo dous días.

Será o martes e mércores, 4 e 5 de xuño, e en horario de mañá e tarde.

O ADOS, Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, ven de advertir, ademais, que a nova visita cadra cun momento baixo nas reservas dos grupos O+, O-, e A*.

Anque estes grupos son máis precisos. Lembra tamén que para atender as necesidades dos centros sanitarios galegos necesítanse 500 doazóns ó día, polo que se fai un chamamento á cidadanía a acudir doar sexa cal sexa o noso grupo sanguíneo.

Para poder doar hai que ter almorzado se é pola mañá, ou xantado pola tarde e, neste caso, deixar pasar cando menos duas horas.

Polo demais, só hai que ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kilos.

O martes 4 e o mércores 5, os horarios de atención, no bus que se instalará na Praza do Carme, serán, de 10:00h a 14:30h e de 16:00h a 21:00h.