As Pontes, 8 de maio| A finais deste mes regresa a cita coa moda e os servizos ponteses da man da sexta edición do Móvete por As Pontes, unha convocatoria na que, unha vez máis, o Concello mediante o departamento municipal de Hostalería e Comercio e o Instituto Pontés de Promoción Económica, xa están a traballar.

Novamente, contarase co respaldo da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros, Cohempo, e por suposto, cos establecementos da nosa vila. Por este motivo, mañá terá lugar o primeiro dos encontros informativos entre os integrantes da organización do evento e os comerciantes e hostaleiros locais.

Será ás 08:30h do serán, no salón de plenos da casa do Concello, e para esta cita están convocados todos os empresarios, comerciantes e hostaleiros da nosa vila que desexen obter máis información sobre esta nova convocatoria do Móvete por As Pontes.

Neste encontro, tanto a dirección de Cohempo, coma do IPPEC e a propia edil do ramo, Ana Pena, darán conta de cómo se vai desenvolver esta festa da moda e servizos ponteses, os trámites a seguir para anotarse e, tamén as diferentes actividades que, para este ano, se incluirán nesta festa local. Por suposto, tamén haberá tempo para que os presentes aclaren as súas dúbidas e acheguen as súas suxerencias coa fin de facer de As Pontes, unha vez máis, o epicentro da moda e dos servizos da comarca durante unha fin de semana.