[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| O departamento municipal de Emprego do Concello de As Pontes porá en marcha o proximo luns, un novo programa dirixido a informar os veciños que se atopen en situación de búsqueda de emprego, sobre as diferentes iniciativas formativas que se ofrezcan no municipio.

Trátase da plataforma FórmaT Informa, que permitirá aos seus usuarios estar permanentemente ao tanto sobre os cursos patrocinados pola Concellería de Emprego, as súas características e prazos de inscrición e, todo isto, dun xeito totalmente gratuito xa que este servizo supón un custo cero para os seus beneficiarios.

A edil, Ana Pena, sinala que o obxectivo desta nova iniciativa é fundamentalmente continuar mellorando o acceso a información, entendendo que este sistema de mensaxería resultara áxil e sinxelo. Todos os veciños interesados que desexen ser usuarios poderán estár permanentemente informados sobre os cursos para desempregados que se oferten, evitando perder a oportunidade formativa que lles permita acceder ao mercado laboral.

Para poder sumarse a este servizo de mensaxes SMS, os interesados deberán estar empadroados no municipio, atoparse en situación de desemprego e acudir ás oficinas da propia Concellería de Emprego, no segundo andar da Casa do Concello, de luns a venres, en horario de mañá, dende o próximo luns día 13 de xullo. Alí deberán cubrir un formulario para darse de alta neste servizo que resultará totalmente gratuito para os usuarios.

Asemade, nestas mesmas oficinas será posible tamén informarse, máis polo miúdo, sobre esta rede FórmaT Infórmate e tamén solventar calquer tipo de dúbida.

[/fusion_text][/fullwidth]