RTVEume| As distintas asociacións veciñais e culturais da Vila seguen a facernos partícipes da súa programación formativa para o curso 2015-2016. A última en facernos chegar a súa relación de actividades é Beira do Eume que presenta para este novo ano unha oferta do máis variada, ximnasia, saxofón, informática, poda e costura, ganchillo, calceta, patchwork e bolillos. O prazo para anotarse remata o día 13 de outubro, debendo os interesados apuntarse nos bares Daniel, Calvo ou Trastoy. Unha vez finalizado o prazo de inscrición celebrarase unha reunión con todos os participantes para determinar día, e hora de celebración dos cursos e na que tamén se comunicará o prezo de cada actividade, que como xa saben dependerá do número de asistentes a cada curso.

Por outra banda, tamén lles temos que comentar que a Asociación de Veciños Beira do Eume organiza para o sábado 17 de Outubro unha troitada. O xantar servirase no seu local social ás dúas da tarde e terá un prezo de 15 euros para os asociados e de 20 para os non asociados. O prazo para inscribirse esgotarase o martes 13 de Outubro.