“Quere o teu mercado” é unha campaña de promoción do Mercado Municipal consistente en agasallos, actuacións e promocións especiais. Esta campaña vaise celebrar tódolos anos , un día ao ano, coincidindo neste o 30 de maio.

Pola súa proximidade e situación  na nosa vila, o mercado municipal xoga un valioso papel dinamizador e revitalizador do centro urbano, onde se facilita ademáis a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.
     Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos frescos,  ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas…que require unha dieta equilibrada e saudable.
     Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados.

A campaña “Quere o teu mercado” é o lema  da Campaña Internacional dos Mercados, promovida  pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados nas cidades e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.

A Concellería de Industria, Promoción Económica, Comercio e Hostalaría do Concello de As Pontes na súa participación e colaboración na presente campaña internacional de promoción económica, a través do IPPEC vai desenrolar unha serie de actividades durante a xornada do día 30 nas instalacións do Mercado Municipal; contarase con actuacións musicais, reparto de artigos promocionais e diferentes agasallos entre todos os clientes.