As Pontes, 24 de novembro| No marco da campaña “En negro contra a violencia”, na que participa o Concello de As Pontes, para conmemorar o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, este mediodía dábase lectura dun manifesto, que se facía de xeito simultáneo en todos os municipios adheridos.

As reivindicacións deste escrito supoñen unha denuncia contra o machismo enraizado na sociedade e que forma parte da base da súa manifestación extrema, a violencia de xénero.

A Tenente de alcalde e Concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García daba lectura a un manifesto consensuado, no que se facía pública unha mensaxe de condea e se puña o foco na necesidade dunha acción cordenada, a unidade institucional e o traballo conxunto dende a base para erradicar comportamentos que dun xeito ou outro remantan por fomentar os comportamentos violentos para coas mulleres.

Neste senso abogouse pola unidade e a educación como armas contra a violencia machista

No Salón de plenos municipal, e coa presenza de concelleiros e concelleiras do grupo de goberno, do BNG e de Xuntos por As Pontes, e unha ampla representación do persoal laboral municipal, púñase énfase na necesidade de traballar cos máis xoves e de educar en valores igualitarios.