As Pontes, 30 de outubro| O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional en contra da violencia de xénero. O Concello das Pontes, como entidade pública, ten o compromiso de traballar en prol da sensibilización e erradicación desta lacra social.

Pero para poder traballar neste eido necesita da colaboración da comunidade, na que o tecido empresarial cumple unha función moi importante, demostrada no 2016, na adhesión á Campaña  Vive en Igualdade promovida á nivel municipal.

Este ano 2017 o Concello, no compromiso de seguir traballando nesta área, adheriuse á Campaña En Negro contra as Violencias, que naceu no ano 2015 en Santiago de Compostela, e na que este ano estamos adheridos 63 concellos e tres Deputacións Provinciais. Esta campaña, que se desenvolverá no mes de novembro (do 23 ao 26) supón unha acción colectiva, de sensibilización social, a nivel galego, na que queremos facer partícipes á cidadanía.

As  Concellerías de Benestar Social, Cultura e Hostalaría e Comercio presenta a campaña hoxe  luns 30 de outubro ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Casa Dopeso.