[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

  • Parellas vidas dende toda Galicia, Castela León, Cantabria ou Catalauña loitarán, dende as 11.00 da mañá, por premios que ascenden a 7.500 euros.

As Pontes, 20 de Maio de 2016.- O Concello de As Pontes acollerá mañá a segunda edición do Mundialito de Futbolín, na modalidade de parada.

A iniciativa, impulsada mediante o departamento municipal de Xuventude e Deportes, vía a luz en 2015 e retorna cunha segunda edición que volverá repetir éxito de participación con case 150 parellas inscritas nas categorías de primeira, segunda, terceira e local.

Así, na carpa instalada no colexio Santa María e con 14 futbolíns oficiais como terreos de xogo, parellas vidas dende diferentes puntos de España loitarán por uns premios que alcanzarán os 7.500 euros.

Ademais da competición para os máis avezados tamén se mantén a modalidade de local, co obxectivo de facilitar a presenza de veciños das Pontes con menos nivel competitivo pero tamén xiareiros deste tipo de competicións.

Dende o Concello, patrocinador da proba, valórase a masiva afluencia de xogadores doutros puntos de España, en especial de Cataluña, onde o futbolín parado conta con moita tradición. Asemade, neste segundo mundialiño de futbolín tamén se contará con participantes vidos de Cantabria, Castela León e, por suposto, de diferentes concellos galegos.

As primeiras partidas darán comezo ás 11.00 da mañá, que se desputarán paralelamente en todas as categorías e, durante todo o día, veciños e visitantes poderán achegarse ata Santa María para presenciar as diferentes partidas. No tocante ás finais, aínda non hai un horario definido xa que éste dependerá do desenvolvemento da proba pero, segundo a organización, tanto as semifinais coma as finais de cada categoría non arrincarán ata ben entrada a noite.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]