As Pontes 31 de Xullo do 2017,

O Concello de As Pontes colabora coa celebración do Campamento Náutico Lago de As Pontes que se vai celebra no lago entre o 1 e o 9 de Agosto.

O campamento consiste en que os nenos de 8 a 17 anos poidan experimentar cos deportes naúticos nun entorno único coma é o lago de As Pontes. As actividades que poderán realizar son: Vela lixeira, Windsurf, Piragüismo, Paddel Board entre outras.

O total de nenos inscritos é de 45 con procedencia moi dispar: As Pontes, A Coruña, Betanzos, Carballiño, Cariño, Coirós, Culleredo, Ferrol, Lugo, Narón, Nigrán, O Barqueiro, Paderne, Ribadeo, Valdoviño, Vigo e Xermade.

Os nenos están aloxados en tendas de campaña cedidas pola Armada Española nos Campos de Fútbol do CD As Pontes no Poboado das Veigas.

Por segundo ano consecutivo, As Pontes abría onte as portas do seu campamento náutico, unha atractiva iniciativa impulsada pola concellería de turismo e a empresa de ocio Fyoma e que volvía ser todo éxito.

De feito na súa primeira edición a vintena de prazas ofertadas voaba en poucos días e , este ano, tras duplicarse a oferta, tamén se lograba un gran éxito de convocatoria con 46 pequenos, 22 máis que no 2016.

Onte poñíase en marcha este programa que se desenvolverá ata o vindeiro día 9 e no que participarán nenos e nenas non só de As Pontes, senón tamén de Vigo, Cedeira, Narón, Ribadeo, o Carballiño e ata Valladolid, todos eles con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, e que poderán desfrutar, ao longo destes días de clases de vela, piraguismo, paddel board, windsurf e ata submarinismo. Asemade, tamén se desenvolverán outro tipo de actividades complementarias vencelladas á ciencia, a astroloxía e a bioloxía.

O día 2 arrincaban as primeiras clases, trala xornada de recepción do día 1, o reparto dos campistas en tendas cedidas polo tercio norte e o primeiro encontro informativo cos seus pais e nais.

Así, ás 8.30 anunciábase o toque de diana para xa ás 9 desfrutar do primeiro almorzo deste campamento. Ás dez este case medio cento de rapaces, xunto cos seus monitores, se trasladaron ao lago onde, divididos en grupos de idade estiveron a participar en clase de vela, windsurf, paddelboard e piraguismo e das que se están a encargar os clubes de Vela Fluvial, Grupo Xuvenil e Náutico Folixa.

Xa ás 2 tocará xantar e ás 4 retomaranse as actividades no lago, neste caso con clases de iniciación ao submarismo, xogos de praia e tamén de ciencias, das que se encargará unha experta bióloga. Ás 7.30 tocará recoller o material para regresar ás instalacións do Poboado, onde están a pernoctar campistas e monitores grazas ao clube deportivo as pontes que está a ceder as súas instalacións.

Trala cea, programada para as 20.30, os pequenos terán tempo libre ata as 22h cando, a diario se desenvolverá unha actividade nocturna. Xogos, música e ata astroloxía forman parte do programa do que poderán desfrutar estes rapaces e rapazas e de feito, mañá á noite, contarán coa presenza do astrólogo Paulino Gasalla, do museo de historia natural de Ferrol que dirixirá unha sesión de astroloxía no lago, ata a medianoite.